29


ás veces evadímonos
porque non é fuxir

é moito máis lonxe


viaxar só non é camiño

viaxar

viaxar lonxe da sorte

e o percance

viaxar é non viaxar



e cando vas chegando

sempre é máis lonxe


eu viaxo cara o teu lugar tódolos días
e nunca regreso


tu viaxas cara o meu lugar

con frecuencia

e nunca nos encontramos

sen dor


eu viaxo

e viaxo

pensando que así

non poderei encontrarte

(ollando á terra)


eu viaxo

sen dor


eu viaxo

ata que non quede máis

espacio sen pisar

que o que tu ocupas


e cando son chegado

sempre é máis lonxe


tu

sempre es máis lonxe