19



máncame esta posesión incómoda dos labios
]


teño a mao tan preto

como se a tocase a través do cristal

e a auga que escorre

[como se mollarme fose necesario]

máncame nos labios

e logo volve caprichosa, arregalándose

fitando lonxe

e logo volve inmensa cara o fondo de ti

e non te vexo

dóeme viaxar a ti polos labios

digo que me doe volver a ti por teres labios

e á vez regreso por eles

[e regreso]

manca atravesarte

como se te enchesen de dentes

e eu

derramado na boca

ó contacto agre e duro

descamo a pel

descuidoche sangue

na garganta

[e xa son boca]


a outra boca]

veño dun principio

no borde do labio

eiquí

na boca

e teño o hábito de quedar

de me demorar

longamente

no principio

se cadra é só iso

o hábito

de notala miúda nos meus dedos

[e ás veces nos labios

contra a tarde]

sempre é tarde de máis

sempre é máis tarde

descríboa:

[ ]

ten unha color que sucede

a color sucede á voz coa que chamas

ás colores

ten a color empapada do liño

[máis oceánica que os ollos]

se cadra é só iso

o hábito de non imaxinala

se cadra

existe sempre

e ten o aspecto inconfundible

do deserto aspecto dos espidos

deserto inconfundible

[se é árida ]

se cadra

sucédenos

como a tarde

[se sucede]

descríboa

[ ]

non lembro agora, ves?

non sei se é árida

e deserta

non sei

sequera

se sucede


descríboa

[ ]

descríboa cunha frase

como algo escrito e mutilado

descríboa cunha clase

de palabras graves

poño por caso

e non me dicen nada nin me morden

os labios ás veces

pola tarde

é cousa do hábito

é cousa do hábito

que non me dicen nada

cantas palabras teño improvisado

[sucedáneo da boca]

hai quen lle quere dicir

a exactitude dos puntos

a precisión da forma

o contorno

etcétera

pero niso eu só vexo xeometría


hai quen lle quere dicir

unha cidade enteira

de muros mansos

abeirada a un mar sen costa

sen area

[de pel inacadable]

se cadra

é cousa dun hábito

o traxecto da voz

o camiño oral e grave

das palabras que non son

acontecen e molestan

[sucedáneo da boca]


realidade da boca ]

hai unha boca de argazo para os investigadores

acontece coa mar aberta e a oleaxe

[para os que saben percorrer os labios

atarefadamente

vagar e logo abandonarse

hai outra clase de océano que a dos ollos]