22



sei quen es e persigo letras timidamente,

paseo o corpo tralo nome que é de teu e que te nombra;

sei quen es e aventuro unha distancia próspera en ti,

tal é a clase da túa ausencia,

tal é a palidez indescifrable de lembrarte