ás veces evadímonos
porque non é fuxir
é moito máis lonxe
viaxar
viaxar lonxe da sorte
e o percance
viaxar é non viaxar
só
e cando vas chegando
sempre é máis lonxe
e nunca regreso
con frecuencia
e nunca nos encontramos
sen dor
eu viaxo
e viaxo
pensando que así
non poderei encontrarte
(ollando á terra)
eu viaxo
sen dor
eu viaxo
ata que non quede máis
espacio sen pisar
que o que tu ocupas
e cando son chegado
sempre é máis lonxe
tu
sempre es máis lonxe